publicidade hoxe

Excelente actuación da selección galega de 420 no Campionato de España no Mar Menor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Do 14 ao 20 de Abril a Selección Galega de Vela desprazouse ata o Mar Menor en Murcia para participar no Campionato de España da clase 420. As tripulacións seleccionadas para formar o Equipo Autonómico foron:

– Adrián Domínguez e Calixto Abalo (LC Vilagarcía).

– Andrés Álvarez e Sergio Rodríguez (LC Vilagarcía).

– Marcos Fernández e Pedro García ( RCN Portosín/CN Outes).

A maiores da Selección Galega desprazáronse outras 7 embarcacións do RCN Vigo, RCN Portosín, MRCY Bayona, CN Punta Lagoa e CND Ribeira. En total competiron74 tripulacións de 9 Comunidades Autónomas e 5 tripulacións alemás invitadas polo Comité Organizador.

Completáronse catro xornadas cun total de 11 probas válidas desde os 8 nós dos dous primeiros días ata os 20 da última xornada. A maiores celebrouse o Campionato de España por Autonomías na quinta xornada de competición. Os dous primeiros días houbo condicións de ventos frouxos que non favoreceron ás nosas tripulacións pero souberon manter o ritmo de regata e non picar nas dúas últimas xornadas e dominar a flota con condicións máis duras ( refachos de ata 25 nós ).

Tras os catro días de competición e un intenso último día onde as 2 tripulacións xuvenís xogábanse o Campionato Xuvenil e a única praza española para o Mundial Xuvenil ISAF confirmouse o dominio dos galegos na categoría xuvenil e moi preto dos dominadores do Campionato José M. Ruíz e Fernando Dávila ( Murcia/Andaluza).

Os resultados finais foron:

– Andrés Álvarez e Sergio Rodríguez – Campións de España Xuvenil e Subcampións Absolutos .

– Adrián Domínguez e Calixto Abalo – Subcampións de España Xuvenil e Cuartos Absolutos.

– 11º Pablo Ávila e Antón Calo (RCN Portosín).

– 29º Luís Bugallo e Adán Tubío ( LC Vilagarcía / CND Ribeira ).

– 38º Miguel Rodríguez e Pablo García ( LC Vilagarcía).

– 47º Marcos Cordeiro e Simón Porzio (RCN Vigo).

– 52º Marcos Fernández e Pedro García (RCN Portosín/CN Outes)

– 62º Carlota Hernández e Ana Carrasco (RCN Vigo).

– 67º Irene Aladro e Paula González (CN Punta Lagoa).

– 74º Jorge González e Pablo Carneiro (MRCY Bayona).

Con estes resultados, as 2 tripulacións do LC Vilagarcía obtiveron praza no Equipo Nacional para participar o próximo mes de Agosto no Campionato do Mundo Absoluto e o Campionato de Europa Xuvenil. Ademais Andrés e Sergio representarán a España no Mundial Xuvenil ISAF que se celebra en Tavira ( Portugal ) en xullo.

23 de abril de 2014 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.