publicidade hoxe

Día da Vida Saudable no IES “Praia Barraña” de Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES “Praia Baraña” de Boiro que cursa a materia TIC’s, participou de novo na nova edición do certame Euroscola 2014 (concurso organizado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo) e saíu á rúa para celebrar o Día da Vida Saudable.

Dita iniciativa leva por título “Vida Saudable Boiro: Alimentación equilibrada e exercicio físico”. Toda a información, as entrevistas que se realizaron a diferentes expertos na materia e o proxecto final, así como un vídeo de todas as actividades deportivas que se levaron a cabo para  esta iniciativa, atópanse no seguinte blogue: VidaSaudableBoiro.blogspot.com

Nesta ocasión o lema do concurso foi facer unha proposta para a mellora dalgunha das Políticas Europeas. Conscientes do gran problema que a sociedade actual ten co sobrepeso e a obesidade (máis dun 30% da poboación presenta algún problema relacionado cos problemas de peso)  o alumnado  apostou pola mellora da política sanitaria e educativa e levou a cabo esta iniciativa para concienciar a cidadanía desta problemática e loitar contra a obesidade.  Conscientes de que a educación é fundamental nos hábitos alimenticios e deportivos, que dende ben novo se adquiran,  traballase para favorecermos hábitos saudables dende a escola.

Dada a importancia do tema de estudo, dito proxecto puxo en práctica a interdisciplinaridade e a colaboración entre tres departamentos do noso instituto. Participaron os Departamentos de Tecnoloxía – que actua coma coordinador-  o Departamento de Bioloxía e mais o Departamento de Educación Física. Despois de realizarmos diferentes actividades  no paseo marítimo de Praia Barraña, rematouse a xornada con varios partidos de  bádminton.

2 de abril de 2014 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.