publicidade hoxe

A secretaria de Igualdade coñece a labor de Accem na integración social de mulleres inmigrantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Coruña
A-
A+
Susana López Abella visita o centro Accem Galicia

Susana López Abella visita o centro Accem Galicia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou hoxe o traballo da Asociación Accem en prol da recuperación e integración social de mulleres inmigrantes en situación de prostitución e tráfico.

López Abella mantivo hoxe unha reunión coa coordinadora territorial de Accem Galicia na sede que a organización ten na cidade da Coruña, onde explicou que a través do Programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou tráfico con fins de explotación sexual, a Asociación Accem ten a finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas.

Durante o ano 2013, Accem atendeu a 52 mulleres, das que 37 mulleres eran inmigrantes, e o 71 por cento procedentes maioritariamente de Colombia, Brasil, Nixeria, Romanía e Venezuela. Das 52 mulleres atendidas o 75 por cento tiña entre 25 e 54 anos. O ámbito territorial de actuación de Accem ao longo de 2013 foi na provincia da Coruña, principalmente nos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Carballo, Culleredo e Oleiros.

Ademáis por medio do Programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual, leváronse a cabo obxectivos específicos de actuación como a sensibilización da sociedade sobre a situación das persoas que se encontran en situación de prostitución ou vítimas de trata con fins de explotación sexual; información e asesoramento sobre os dereitos e recursos sociais existentes segundo a situación persoal das persoas beneficiarias do programa; orientación e formación sociolaboral e intermediación laboral para facilitar a inserción laboral e un acompañamento persoal na procura de emprego.

A Asociación leva a cabo tamén xornadas de orientación sanitaria que sirvan para prever enfermidades de trasmisión sexual e fomentar a súa autoprotección e hixiene, e atención e intervención psicolóxica cas persoas en situación de prostitución e vítimas de trata con fins de explotación sexual, abordando aspectos especiais relacionados co impacto que esta actividade exerce nas súas vidas.

Ademáis a Asociación Accem levou a cabo varias actuacións e actividades, coma a sensibilización da sociedade galega mediante xornadas e obradoiros en colexios e institutos para sensibilizar á xuventude; colaboración co Centro de Información á Muller de A Coruña en campañas de sensibilización; información e asesoramento, orientación e formación sociolaboral as persoas beneficiarias do programa, e o servizo de acollida integral grazas ao cal ao longo do ano 2013 foron acolllidas 4 mulleres coas seus fillos e fillas (5 menores).

16 de abril de 2014 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.