publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Enterro do Cayetano en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

Dende primeiras horas da mañá, o “corpore in sepulcro” do Cayetano permanecerá exposto diante da Casa do Concello, anunciando o inevitable: o seu enterro e queima esa mesma noite co fin de que non volva máis polas terras de Laxe. 
A festa deste venres, concretarase en:

21:30 hs: Concentración de viuditas e demais coñecidos/as e achegados/as do Cayetano na Praza dos Voluntarios para oficiarlle a MISA “CORPORE IN SEPULCRO” POLO BISPO FLORENTINO ás 22:00 hs.

22:30 hs: INICIO DA PROCESIÓN DE DESPEDIDA POLAS RÚAS DE LAXE animada pola COFRADÍA NUESTRO PADRE JESÚS DEL SILENCIO DE PONTEVEDRA con cornetas e tambores. Durante a procesión non esquezades traer as vosas velas e antorchas.

00:00 hs: QUEIMA DO CAYETANO na praia de Laxe á altura da Praza dos Voluntarios e comezo dunha GRAN FESTA co TREN DA UNHA DE LAXE.

A actuación final do grupo Per-versións tívose que anular por causas de forza maior.

6 de marzo de 2014 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.