publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Área Santiago avanza no seu Plan de Acción 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaAmesArzúaBoqueixónBriónLalínMelideO PinoOrosoPadrónRoisSantiago de CompostelaSilledaTouroTrazoVal do DubraVedraVila de Cruces
A-
A+

Os Plenos municipais aprobarán nas vindeiras semanas a adhesión ao grupo, paso previo para a súa constitución como entidade con personalidade xurídica propia. Os técnicos dos concellos que forman parte de Área Santiago reuníronse hoxe no edificio Cersia, en Santiago, para avanzar na definición do Plan de Acción 2014. O Plan inclúe diferentes ámbitos de traballo para conseguir posicionar ao grupo como un territorio cunha oferta turística diversa e cohesionada.

Entre os ámbitos que se inclúen neste Plan de Acción encóntranse a Gastronomía, a Organización de paquetes turísticos e excursións, o Camiño de Santiago, a Natureza como recurso turístico, a Pesca, o Entroido, o Turismo creativo, a Presenza en Internet e en redes sociais…

A intención é que, despois de integrar as propostas que se fagan nas vindeiras semanas dende os diferentes concellos, se concrete un Plan de Acción 2014 que defina as estratexias e as accións que se desenvolverán dende o grupo.

Ademais, na reunión espuxéronse tamén os tempos nos que cada Pleno Municipal aprobará a adhesión ao grupo Área Santiago, un paso previo para que se poda constituir a agrupación de concellos con personalidade xurídica propia. Algúns Concellos xa aprobaron esta adhesión e os restantes farano en abril ou a comezos de maio, en función do seu calendario de Plenos Municipais.

31 de marzo de 2014 | 20:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.