publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A biblioteca de Vilagarcía celebra o Día da Poesía cunha dramatización de poemas de Rosalía de Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Biblioteca Pública Rosalía de Castro celebra mañá, 21 de marzo, o Día da Poesía, organizando unha actividade que tamén servirá de colofón aos actos programados con motivo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro. Será a través dunha dramatización de poemas da autora de Cantares Gallegos que correrá a cargo de Ana Hermida e á que asistirá un grupo de alumnos de 3º da ESO. Coincidindo co Día da Poesía clausúrase a exposición sobre Rosalía que se puido visitar na Biblioteca nas últimas semanas.

A actividade organízase a través do programa “Ler conta moto” que subvenciona a Xunta de Galicia. Leva por título “Tecín soa a miña tela” e desenvolverase no vestíbulo da Biblioteca ás 11 da mañá, tendo unha duración aproximada de 45 minutos.

Segundo a intérprete, Ana Hermida, este espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra… O desexo e ansias súas polo teatro “eu quería ser actriz e non me deixaron”. Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, e algunha canción para honrar a nai da nosa terra. A pezxa baséase integramente en poemas de Rosalía e Miguel Anxo Fernán -Vello.

A directora e intérprete da mesma é Ana Hermida, Licenciada en Arte dramática por Casahamlet. Nesta compañía participou como profesional na obra adicada a Cunqueiro, “Se non queres casar, o mesmo dá”. Tamén interveu en series de televisión e en cine e conta con experiencia no mundo da narración oral. No teatro interpretou a Cunqueiro, Shakespeare, Pisón, Graña, Rosalía… Actuación en Rianxo, Betanzos, A Rúa, Boiro, Fórum da Coruña, Redondela, San Sadurniño, Compostela.

20 de marzo de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.