publicidade hoxe

O Concello de Sober valorará os danos do temporal en Cadeiras para a súa reparación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober iniciará o luns a limpeza da zona de Cadeiras afectada polo temporal. En concreto, a caída dunha árbore provocou o derrube de parte dos pendellos e do palco próximo ao mosteiro.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, anuncia que se avaliarán todos os danos e se fará “o que estea ao noso alcance” para restituír a parede e o tellado dun lugar “que consideramos importante e simbólico” para o Concello de Sober.

Unha vez que se teña coñecemento dos danos causados o Goberno local abordará o acontecido co obispado para buscar solucións “o antes posible”. O rexedor tamén lle deu traslado do ocorrido ao párroco.

7 de febreiro de 2014 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.