publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O artista británico Chris Stevens doa ao museo municipal de Lalín o cadro “Divine comedy”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal Portada
A-
A+
A concelleira xunto ao cadro doado

A concelleira xunto ao cadro doado

A concelleira de Cultura, María Álvarez, agradece a Stevens a entrega do cadro que pasará a ampliar o fondo artístico do Museo Municipal

Chris Stevens (Basingstoke-Reino Unido 1956), un dos artistas figurativos contemporáneos ingleses máis recoñecidos e membros do Riverside Artists Group de Londres, doa ao Museo Municipal “Ramón Mª Aller” o cadro presentado e seleccionado na X Bienal Internacional “Pintor Laxeiro” celebrada en 2011.

A obra co título “Divine Comedy” (2011) é un óleo sobre táboa de 120×120 cm e está valorado en 5.000 euros.

A concelleira de Cultura, María Álvarez, agradece enormemente a Stevens a entrega do cadro que pasará a ampliar o fondo artístico do Museo Municipal.

6 de febreiro de 2014 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.