publicidade hoxe

Comeza a conta atrás para disfrutar do Entroido en Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

Os Troteiros animarán mañá sábado, día 22 de febreiro, as aldeas do Concello de Bande co ruído enxordecedor das súas chocas, buscando quen os invite a uns doces ou un licor café para entrar en calor nestes días tan fríos. A xornada de mañá preséntase maratoniana para estas máscaras que a partir das 10:00h. trotarán pola maioría das aldeas do concello tentando arrancar un sorriso ou un baile aos seus veciñ@s. O percorrido empeza as 10:00h. na aldea de Rubiás cos horarios aproximados que se detallan a continuación: A Granxa (10:15h.), Cadós (10:20h.) Recarei (10:30h.), Seoane (10:40h.), Pereira (10:50h. na casa do pobo), Corvelle (11:20h. na Corredoira), Calvos (12:15h. no centro social), Sarreaus (12:30h. no campo da festa), Vilameá (13:00h. na praza maior), Buxán (13:15h.), Vilela (13:35h.), Lebosandaus (13:50h.), O Pazo (14:05h.), Mexide (14:10h.), Santa Comba (14:20h.), Quintela (15:30h.), As Maus (15:45h.), Sordos (16:00h.), Nigueiroá (16:15h. onda a igrexa), Garabelos (16:45h.), Ribeiro (17:00h. nas Campinas), A Ponte Liñares (17:45h.), Güín (18:00h.), Trarigo (18:20h.), Carpazás (18:30h.), Vilar (18:45h.), Lueda (19:00h.), Martiñán (19:20h. onda o forno) e Praza da Constitución (20:00h.).

21 de febreiro de 2014 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.