publicidade hoxe

A Biblioteca Municipal de Pontecesures xa conta con presenza nas redes sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

Desde esta semana, a Biblioteca Municipal de Pontecesures ten presenza nas redes sociais a través da creación dunha páxina en Facebook que se pode ver no seguinte enlace: https://www.facebook.com/biblioteca.depontecesures.

A través dela poderanse coñecer os últimos libros incorporados aos fondos da Biblioteca, as actividades que se organizan, novas de interese, películas, contos dixitais, vídeo-contos, e diversos enlaces de interese.

Lembrar que a Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures está integrada no proxecto Meiga, que permite aos usuarios realizar un amplo abano de consultas sobre os fondos desta biblioteca, así como dos do resto de bibliotecas de Galicia que participan nesta iniciativa.

Simplemente con ter acceso a Internet, o usuario poderá consultar si a Biblioteca Municipal de Pontecesures dispón dun determinado libro ou audiovisual, e si o exemplar está dispoñible nese momento ou si foi prestado. Tamén da a opción de facer xextións en liña, como a solicitude ou a renovación do carné da biblioteca.

17 de febreiro de 2014 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.