publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A neve na rede viaria lucense deixa sen clase a 30 alumnos

E.P.

A presenza de neve na rede viaria da provincia de Lugo deixou na xornada deste luns sen clase a 30 alumnos de seis centros educativos da montaña lucense.

Así o sinalaron fontes da Consellería de Educación, que indicaron que a trintena de alumnos afectados non puideron acudir ás aulas por incidencias no transporte escolar pola presenza de neve na rede viaria.

En concreto, os estudantes afectados pertencen aos municipios lucenses de Cervantes, Folgoso do Courel, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela.

Os afectados son alumnos do CEIP Ponche de Doiras e do CPI de Cervantes; do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel; do CEIP das Nogais; do CPI Uxío Novoneyra de Pedrafita e do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela.

20 de xaneiro de 2014 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.