publicidade hoxe

O concello de Malpica de Bergantiños percibirá unha axuda de 16.000 euros para acondicionar a rúa Brigadier Manuel Varela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMalpica de Bergantiños
A-
A+

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou estes días o concello de Malpica de Bergantiños, onde supervisou o resultado dos traballos de acondicionamento dos accesos da rúa Brigadier Manuel Varela, que foron realizados a través dunha subvención que a Consellería de Economía e Industria destina aos municipios galegos para a posta en marcha de actuacións que melloren a competitividade do comercio de proximidade.

Do Campo, que estivo acompañada polo alcalde, Eduardo Parga, explicou que a través deste programa do departamento autonómico, o concello recibiu unha achega de 16.278 euros, que permitiu a construción dunhas novas escaleiras neste entorno e o acondicionamento integral do acceso a esta vía, que se atopa nas inmediacións do mercado municipal. A achega, neste caso, supuxo o 75% do investimento total.

“A actuación enmárcase na estratexia da Xunta de impulso ao comercio como elemento vertebrador das vilas e cidades galegas e sector de relevancia para a reactivación económica”, indicou a máxima representante do Goberno galego na provincia. A delegada territorial recordou que, aparte das actuacións de creación ou mellora de rúas peonís comerciais, as axudas de Economía Industria tamén están destinadas a promover actuacións de amoblamento urbano e sinalización nos principais eixos comerciais ou iniciativas de dinamización comercial. En total, na provincia da Coruña 33 concellos recibiron estas achegas, que lles permitiron subvencionar outras tantos proxectos por importe de 1,42 millóns de euros.

27 de decembro de 2013 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.