publicidade hoxe

Mon Santiso e Cía. presentan no Ágora ‘Cancións contadas cancións’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Cultura informa do espectáculo que Mon Santiso e C.ía presentarán o próximo sábado, 9 de novembro, ás 20.30 horas na Ágora.

Cancións contadas cancións trátase dunha iniciativa que, a través da música, poesía e proxeccións audiovisuais, propón facer intelixibles, a un público heteroxéneo, as letras de certas cancións emblemáticas de distintas épocas e países. Así, as letras tradúcense ao galego e, para facelas máis comprensibles, recítanse para que os espectadores entendan o que din.

No espectáculo conviven ata sete linguas: inglés, francés, portugués, catalán, galego, brasileiro e castelán; e outros tantos artistas: Bob Dylan, Caetano Veloso, The Beatles, Joan Manuel Serrat, Pedro Guerra, Yves Montand e Andrés Dobarro. A proposta, que pretende achegar os contidos das cancións ao público que moitas veces quedan solapados polas melodías, inclúe cancións como Imagine, Paraules d´amor, Le Telegramme, ou Blowing in the wind.

O acto, cunha duración de hora e media, contará coa participación da poeta e xornalista Eva Veiga e o comunicador e actor, Mon Santiso; e os músicos Gabriel Tanasescu (violoncelo), Marcos Seoane (violín) e Zita Tanasescu (teclados); ademais dos artistas, poetas e intérpretes que cederon os seus canciones.La entrada é libre ata completar aforamento.

2 de novembro de 2013 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.