publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Axober e Novagalicia Banco asinan un convenio de colaboración para facilitar o acceso a crédito

Os empresarios integrados en Axober disporán de produtos e servizos financeiros de Novagalicia Banco en condicións vantaxosas. O convenio financeiro entre ambas entidades subscribiuse hoxe por Isidro Varela Bardanca, Presidente de Axober, e por Roberto Fernández Martínez, Director de zona Coruña Oeste de Novagalicia Banco.

Grazas ao acordo, as máis de 250 empresas socias de AXOBER poderán beneficiarse de diferentes fórmulas de financiamento, todas elas en condicións preferentes (préstamos persoais e hipotecarios, pólizas de crédito, leasing mobiliario, avales, liñas de desconto,…) e poderán seguir contribuíndo de forma activa á mellora social e económica da súa zona de influencia.

Ademais o acordo inclúe a Conta Solucións para Pemes ou Autónomos, produto que conta con vantaxes financeiras como tarxetas de débito e crédito sen comisión de administración nin mantemento o pago gratuíto de nóminas.

Novagalicia Banco como mostra da implicación da entidade con Galicia e coas súas empresas, explica Roberto Fernández “está desenvolvendo un plan de respaldo ao tecido económico e social de Galicia con crédito a pemes, autónomos e emprendedores.

Entre Xaneiro e setembro, o banco con sede en Galicia inverteu 3.187 millóns de euros en novos créditos a pemes galegas. A entidade aumentou en un 3 % a súa cota de mercado de crédito en Galicia, con especial incidencia no crédito novo a micropemes, pemes, autónomos, emprendedores e empresas medianas. O apoio de Novagalicia Banco á economía de Galicia compleméntase coa firma de ao redor de 600 convenio de colaboración con entidades clave para o tecido produtivo que serven de apoio a empresas, autónomos, profesionais e comerciantes.

Para o Presidente de Axober, Isidro Varela, a firma deste convenio supón un importante apoio para as empresas asociadas e que demostra o respaldo de Novagalicia Banco ao tecido empresarial da zona.

Por outra parte e ante o proceso de venta da entidade, o Presidente de Axober, comenta que valoraría moi positivamente a entrada de inversores estranxeiros. iso levaría a que o centro de decisións continúe permanecendo en Galicia e así seguir impulsando o tecido produtivo galego.

8 de novembro de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.