publicidade hoxe

Presentación da Escola de Gaitas do Concello de Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+
Presentación da Escola de Gaitas

Presentación da Escola de Gaitas

Esta fin de semana tivo lugar a presentación da Escola de Gaitas do Concello de Bande. Ao acto asistiron D. Xosé Lois Foxo, director e fundador da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e Dna. Anael Saavedra, concelleira de Cultura e Turismo de Bande. Durante o acto de presentación Marco Foxo interpretou unha peza, composta por el, que leva por título “Bals de Bande”, unha achega ao patrimonio cultural deste concello. Os interesados en participar en calquera das modalidades: gaita, percusión, canto e pandeireta, aínda poden facer a súa inscrición nas oficinas municipais. Achégase foto do acto.

No día de onte os inscritos ás clases de informática fixeron a súa primeira toma de contacto coas novas tecnoloxías para avaliar os seus coñecementos. O grande éxito de participación, case 50 inscritos, obrigou ao profesorado a realizar tres grupos de alumnos. As clases serán tódolos martes en horario de mañá.

9 de outubro de 2013 | 15:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.