publicidade hoxe

Mª Tecla Fariña González celebra 100 anos rodeada de familiares e amigos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTordoia
A-
A+
Mª Tecla Fariña González, celebraba o seu aniversario

Mª Tecla Fariña González, celebraba o seu aniversario

A parroquia de Castenda esta de festa coa celebración do centenario da súa veciña Mª Tecla Fariña González, que celebraba o seu aniversario, aínda que o día propio fora o pasado 21 de setembro, coincidindo co San Mateo. Sendo así, a familia dediciu agardar ata este luns para poder darse cita na casa familiar e celebrar un día tan especial. “Non se cumplen os 100 anos todos os días!”, aseguran netos e afillados, que non quixeron perder o gran día polo que foi preciso botar man dunha carpa que albergou a preto de medio cento de persoas.

Fillos, netos, afillados,… xuntáronse con Mª Tecla quen, pese aos anos, consérvase moi ben e segue traballando e botando unha man á familia. Así llo demostrou a todos, saudando a todos e celebrando a placa conmemorativa do seu centenario que lle entregou o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, no nome de todos os veciños da vila. E non é para menos, “aínda que temos a gran fortuna de contar con moitas persoas que xa superan os 90 anos, Tecla é a nosa primeira veciña que chegou a esta idade, xa que no concello temos outro centenario máis, Antonio Suárez”, explicaba Pereiro Liñares. Ademais da placa o Concello tamén lle fixo entrega dun ramo de flores para celebrar un día tan especial.

24 de setembro de 2013 | 01:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.