publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Presentación da Feira Artesán e Gastronómica de Castroverde que se celebrará o domingo 18

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaCastroverdeLocalLocal PortadaLugoProvincias
A-
A+

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura e Deporte, Pilar Ferreiro, presentaron a VIII Edición da Feira Artesán e Gastronómica da vila de Castroverde.

Lara Méndez e Pilar Ferreiro

Lara Méndez e Pilar Ferreiro

Presentouse nos xardíns da Deputación a VIII Edición da Feira Artesán e Gastronómica da vila lucense de Castroverde e que se celebrará o vindeiro domingo día 18 de agosto. A iniciativa, que goza de grande aceptación entre os veciños e veciñas, pretende impulsar a artesanía e a gastronomía como motores claves no desenrolo económico da comarca e especialmente no concello de Castroverde. O organismo provincial fai unha achega de 3.000 euros xa que, como dixo Lara Méndez “a Feira promociona o sector artesanal e gastronómico e activa en certa medida a economía local”. Méndez valorou tamén moi positivamente a labor dos artesáns que están “reinventando os seus materiais e productos para facelos máis accesibles ós clientes” e que “ isto axuda a fomentar a actividade comercial, non só na Feira senón tamén no concello e na contorna”. Pilar Ferreiro agradeceu a colaboración do organismo provincial e afirmou que cada ano intentan variar o programa para que “o público asistente poida encontrar cousas diferentes ás edicións pasadas”

Programación da Xornada

A Feira abre as súas portas as 10:00 horas da maña con aproximadamente 100 expositores. As 11:00 horas poderase desfrutar de obradoiros de olaría, cestaría e incluso de instrumentos musicais. Cara o mediodía o grupo Zuncurundullo amenizará a xornada coa súa música. De seguido haberá unha degustación de Queixo do Cebreiro, catalogado coa Denominación de Orixe Protexida e que ofrece Marqués de Cernadas. Tamén haberá unha cata de viños da man da Adega Mondelo. Posteriormente hai organizado un desfile de moda a cargo de María Nogueira e que presentará a actriz e cantante lucense Alba Messa. Cara as 14:00 horas terá lugar o pregón, da man de Facundo, co que quedará a Feira inaugurada oficialmente. Ás 14:30 horas será o xantar galego a base de productos típicos como polbo á feira. Pola tarde haberá inchables para os máis cativos, unha xuntanza de cabalos, na que haberá ata 1.000 euros en premios e incluso unha actuación de maxia a cargo do mago Antón. O evento finaliza ás 20:45 cunha demostración de baile da man do grupo Ritmo Lugo.

15 de agosto de 2013 | 15:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.