publicidade hoxe

O Concello da Bola impartirá un obradoiro de programas e axudas para xóvenes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BolaLocal
A-
A+

Vaise impartir dentro do programa activa 2013 do Instituto da Xuventude de Galicia un OBRADOIRO SOBRE PROGRAMAS E AXUDAS PARA MOZOS/AS, dirixido a todos aqueles vecinos/as (maiores de 16 anos) do Concello, que desexen recibir unha información actualizada sobre todos os programas e axudas, trámites, documentación e prazos para a súa solicitude.

Impartirase o venres 27 de setembro no local social sito no baixo do Concello
– De 18:00-20:00 horas

Todos os participantes con unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos, recibirán un diploma de asistencia e participación.

Os/as Interesados/as deben anotarse nas oficinas do Concello ou chamando ó número de teléfono 988 451293  de luns a venres de 9:00 – 14:00 horas.

30 de agosto de 2013 | 10:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.