publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Feira de Artesanía de Cortegada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCortegadaLocal
A-
A+

O domingo 18 de agosto, celebrarase na Praza Buenos Aires de Cortegada a cuarta edición da Feira de Artesanía, destacando este ano, que os asistentes poderán degustar un Tenreiro de vaca cachena e un porco celta que se cociñarán ao espeto.

Procederase á apertura da Feira ás 11:00 h. O evento conta coa asistencia de 30 expositores, que ofrecerán diversos produtos, tales coma bisutería, textil, antigüedades, tallas en pedra e madeira, postres, ….

Haberá actividades ao longo de todo o día: malabares, obradoiros para nenos, exposición e demostración de cetrería, música tradicional galega, etc.

Ademais, durante o evento terá lugar unha interesante exposición sobre o camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro.

A xornada rematará cunha gran queimada na praza ás 21:30 horas.

16 de agosto de 2013 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.