publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Actividades culturais e lúdicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalZas
A-
A+

No día de onte, mércores 31 de xullo, tivemos un monólogo de Carlos Blanco, no que os/as asistentes doaron 2€ por ver o espectáculo. Recadáronse un total de 470€ que se destinarán a 3 bolsas de estudo de primaria para nenos/as de comunidades indíxenas sen recursos de Nueva Segovia (Nicaragua)  por medio da ONG Sólida e o Instituto de Liderazgo de Nueva Segovia, tal e como explicou o conferenciante José M. Pérez Otero antes do monólogo. 

Ademais da programación que coñecedes, mañá venres, 2 de agosto contaremos ás 18h. co escritor Xosé Neira Vilas acompañado de Valentín García, Secretario xeral de política lingüística e Xosé Luís Reimóndez, comisario da exposición que se clausurará mañá “Querido Balbino. Memorias dun neno labrego”, no Centro Sociocultural de Zas.

1 de agosto de 2013 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.