publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Obradoiros e xogos do Diververán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalZas
A-
A+

Os obradoiros e xogos do Diververán de Baio, que comezaron o pasado martes 2 deron por finalizados hoxe venres, 5 de xullo. A próxima semana, tamén de martes a venres terán lugar na localidade de Zas, no mesmo horario de 11h a 13h no Centro Sociocultural.

Tamén comezaron as seguintes actividades durante esta semana: Curso de Piragüísmo, os cursos de natación nas piscinas municipais de Baio e Zas e os cursos de informática básica para pequenos/as. 

A próxima semana, o sábado, 13 comezaremos co curso de tiro con arco, que se celebrará no campo de fútbol de Zas durante dúas xornadas en sábados que impartirán profesionais do Clube de Tiro con Arco da  Asociación Su A Agra de Baio en horario de 11h a 13:30h e para o que aínda quedan prazas dispoñibles.

5 de xullo de 2013 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.