publicidade hoxe

O polbo do Carballiño visitou a Festa do Pan de Cea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO CarballiñoSan Cristovo de Cea
A-
A+
Stand do Carballiño

Stand do Carballiño

O posto da Festa do Polbo do Carballiño foi un dos máis visitados durante a pasada edición da Festa do Pan de Cea. Miles de persoas asistiron a esta celebración do pan, e case todos eles se achegaron ao posto carballiñés, preguntando a maioría deles pola data da celebración da Festa du Pulpo, e polo programa deste ano. Todos os visitantes se interesaban pola semana do polbo, que se potenciou o ano pasado, e que este ano xa está organizada para alongar esta festa durante máis dun día.

Durante este semana comezarán a presentarse as distintas novidades pensadas para esta edición do Polbo, a LI, que como xa se anunciou o pasado ano se dedicará á cidade de Vigo. Preténdese, como na pasada edición, contar con actividades lúdicas e culturais durante, polo menos, unha semana antes da data de celebración da Festa, o 11 de agosto.

8 de xullo de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.