publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación comprométese a buscar solucións ao transporte escolar en Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaños de MolgasLocalOurenseProvinciasXunqueira de Ambía
A-
A+
Reunión con alcaldes, docentes e nais

Reunión con alcaldes, docentes e nais

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comprometeuse hoxe a buscar solucións que permitan resolver o problema do transporte escolar que acontece nos concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía por mor do horario de entrada e saída dos alumnos aos centros escolares.

Na reunión celebrada esta mañá no Pazo provincial entre Manuel Baltar, os alcaldes de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía, Eladio Mangana e José Luis Gavilanes, respectivamente, e docentes e nais de alumnos, o presidente provincial dixo que a Deputación de Ourense “fará as xestións necesarias para colaborar na solución deste problema, que pasa, segundo os afectados, por manter as actuais condicións do transporte escolar, proposta que lle foi trasladada xa á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Manuel Baltar afirmou que, sexan cales sexan as solucións, “o primeiro son os nenos, e diante calquera asunto que afecte aos menores, a prioridade debe ser absoluta para buscar puntos de encontro que permitan achar conformidade para todos, precisamente porque estamos a falar do benestar dos escolares”.

Baltar asumiu o compromiso de plantexar esta reivindicación diante dos máximos responsables do goberno autonómico

3 de xuño de 2013 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.