publicidade hoxe

Últimos días de inscrición para os obradoiros infantís de semana santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal
A-
A+

O Departamento de Cultura e Benestar, ten programado realizar obradoiros orientados ao público infantil durante os días non lectivos pero laborais de Semana Santa. En concreto, estes obradoiros, terán lugar os días 25, 26 e 27 de marzo en horario de mañá, de 10.30 a 13:00 horas, no Local Social Valle Inclán e ofrecerán a realización de diferentes manualidades,así coma xogos de presentación, de cooperación e predeportivos.

O prazo de inscrición, aberto dende fai un par de semanas rematará o vindeiro día 22 de marzo ás 12:00 horas. Do total das 30 plazas dispoñibles para participar nos obradoiros, a día de hoxe quedan tan só 3 plazas dispoñibles.

Para solicitar máis información e/ou tramitar a inscrición, débese contactar co Departamento de Cultura por teléfono -981 70 69 71- ou correo electrónico – cultura@concellodelaxe.com-, sendo necesario cubrir unha breve folla de inscrición que se poderá recoller nas oficinas de cultura ou mesmo descargar da páxina web do concello.

Nos obradoiros, impartidos nesta ocasión, por monitores especializados pertencentes a unha empresa contratada polo Concello de Laxe, poderán participar todos aqueles nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos e neles atoparán diferentes tipos de manualidades, xogos e actividades predeportivas cada día.

A modo de recordoratorio, gustarianos lembrar que un dos obxectivos principais polos que se organizan este tipo de actividades, ademais de ofrecer posibilidades para a utilización do tempo libre dos máis pequenos e pequenas do fogar dunha maneira creativa, á vez que lúdica e educativa en valores que promovan a igualdade, fomentando así mesmo tanto a adquisición como a mellora de determinadas habilidades sociais e motoras, é xerar oportunidades que favorezan especialmente a conciliación dos tempos laborais e familiares entre a poboación do noso concello.

19 de marzo de 2013 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.