publicidade hoxe

Primavera das Letras: Abril, mes do libro e da lectura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCercedaLocal
A-
A+

O mes de abril estará dedicado a estender as letras a todos. Organizaranse diferentes actividades de promoción do libro e da lectura que teñen como obxectivo aproximar este equipamento, a toda a poboación, e de xeito especial  nas redes sociais e na web, para facilitar o acceso aos recursos e equipamentos dispoñibles. TES M@IS BIBLIOTECA

– Programa de visitas escolares á biblioteca municipal e das persoas participantes no programa de actividades municipais.

– Solicitude web, a través da páxina web municipal: ferramenta inscrición

– Creación e promoción do perfil na rede social de Facebook e twiter

– Actividades de dinamización lingüística e animación á lectura para o alumnado da ESO: obradoiros

– Actividades e obradoiros de animación á lectura para a poboación infantil

Semana do libro, do 22 ó 26 de abril

 – Martes 23, pola mañán visita ós centros educativos  para facer entrega de un libro  a cada cativo/a escolarizado nos centros educativos de Cerceda; e pola tarde farase a presentación dos traballos das persoas participantes no obradoiro de memoria e alfabetización de persoas adultas con motivo do Día do libro
– Venres 26, contacontos  con merendas na biblioteca de A Silva
– Sábado 27, contacontos  con merendas na biblioteca de Cerceda

5 de marzo de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.