Plan de formación no eido do tempo libre 2013
Todos os cursos están dirixidos a mozas e mozos en xeral. Terán preferencia, en primeiro lugar, as persoas que posúan o titulo de monitor/a ou director/a de tempo libre, en segundo lugar, aquelas que posúan o carné xove, e logo por orde de entrada dos correos electrónicos.
- Á solicitude poderase acceder na web www.xuventude.net
- A solicitude dos cursos efectuarase unicamente por vía telemática; calquera solicitude que non se faga deste xeito considerarase desestimada.
- O enderezo electrónico que figure na solicitude será individual, non se aceptará un mesmo enderezo para dúas ou máis persoas. Nese enderezo recibiredes, de ser o caso, a confirmación de que estades admitidos/as no curso e calquera outra información sobre o mesmo.
- Se queredes participar en varios cursos, teredes que facer unha solicitude individual por cada curso.
- O feito de non cumprir coas premisas anteriores suporá a eliminación das solicitudes.
Pasos que compre seguir para matricularse:
- Solicitude debidamente cuberta.(a solicitude non implica a concesión directa de praza nos cursos)
- Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas no curso solicitado ata esgotar o total de prazas, tendo en conta os criterios:
- Posuír o titulo de monitor/a ou director/a de tempo libre
- Ter o carné xove en vixencia
- Por orde de entrada dos correos electrónicos
- Comunicarásevos mediante mensaxe electrónica dende formaciontempolibre.ctb@xunta.es ao enderezo que indicastes na solicitude a adxudicación da praza a todas aquelas persoas que resulten seleccionadas e o día de comezo do curso e o lugar, así como calquera outra particularidade de interese para vós.
- Poderase requirir que enviedes escaneados calquera dos documentos anteriormente citados.
- No caso de que non poidades realizar o curso, cómpre que o comuniquedes o máis axiña posible, co fin de que esa praza a poida aproveitar outra persoa interesada.
- Debedes comunicalo por correo electrónico.
- En todos os casos, o prazo de inscrición nos cursos rematará quince días antes do inicio de cada un deles.
Importante:
- En cada curso soamente se permitirá faltar o 10% do total de horas; de incumprir esta condición, a persoa non terá dereito ao diploma.
- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá anular calquera dos cursos de non poder reunir un grupo de xente suficiente para desenvolvelo.
- A prioridade na selección farase sempre atendendo a que a persoa solicitante posúa o título de monitor/a ou director/a de tempo libre, o carné xove, e logo por orde de entrada dos correos electrónicos.
- Para aclarar calquera dúbida que teñades sobre esta formación podedes chamar ao 981 95 70 57 ou escribir un correo ao enderezo: formaciontempolibre.ctb@xunta.es