publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Agrupación Carballedo-Chantada celebrará unha xornada informativa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballedoLocal
A-
A+

O Servizo de Orientación Laboral da Agrupación de Concellos Carballedo-Chantada, cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, en colaboración con COESCO (Centro especializado en formación), levará a cabo unha xornada informativa o vindeiro 13 de decembro.

O día 13 de decembro terá lugar a xornada informativa de O Valor da formación: Graduado en ESO para adultos, competencias clave e carnés profesionais. O obxectivo principal desta xornada é transmitir a importancia da formación continua nun momento de crise como o actual, unha forma de aproveitar a situación de desemprego na que se atopan moitas persoas, aumentando as súas competencias profesionais.

A temática que se tratará é:

1. Graduado en ESO para adultos. Distintas formas de acadalo e recursos dos que valerse para a súa preparación (probas libres, centros EPA, Radio ECCA e ESA para adultos).

2. Competencias clave, entendidas estas como os requisitos formativos que aseguran que os alumnos posúen os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento os cursos correspondentes aos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. Neste punto os temas que se tratarán son:

1. Qué son competencias clave?
2. Cómo demostrar que se posúen as competencias clave
3. En qué consisten as probas de avaliación en competencias clave

3. Outra formación: carnés profesionais, cursos de manipulador de alimentos e APPCC, CAP de mercadorías e viaxeiros así como información de cursos de prevención de riscos laborais.

Información e rexistro:
TL: 982 466 273 (Carmen – Orientadora laboral)
Mail: orientacion.laboral@ccarballedo.e.telefonica.net

18 de decembro de 2012 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.