Os maiores de 60 anos ou pensionistas de máis de 55 poden solicitar as axudas do programa Benestar en Balnearios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerdaSociedade
A-
A+

Ofértanse máis de 1.275 prazas en 15 establecementos de toda a Comunidade para persoas maiores de 60 anos ou pensionistas de máis de 55

A Administración autonómica destina, este ano, un 10% máis de orzamento para esta convocatoria na que haberá 66 quendas entre xullo e decembro.

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou o hotel balneario de Compostela para animar aos maiores de 60 anos ou pensionistas de máis de 55 a aproveitar as axudas para participar no programa Benestar en Balnearios xa que o prazo para presentar as solicitudes está aberto ata este mércores, 16 de xullo. A delegada destacou que neste balneario ofrecénse servizos, durante a estadía do 9 ao 18 de de decembro, centrados no sistema nervioso, respiratorios e reumatolóxicos. En total, se ofrecen estadías en 15 establecementos da nosa comunidade e concretamente na provincia da Coruña no Balneario de Compostela e no de Carballo.

Belén do Campo explicou que na edición deste ano auméntanse as prazas dispoñibles ata superar as 1.275 e tamén se aumentan as quendas, que serán 66 en total, repartidas ao longo dos meses de xullo e decembro. O programa oferta estadías de 10 días en réxime de pensión completa. A Tarifa varía en función do establecemento escollido, a Xunta de Galicia financia ata o 48% do custo total

A Xunta destina a esta convocatoria máis de 331.000 euros, o que supón un 10% máis de orzamento que na pasada edición. Esta iniciativa é unha mostra máis do compromiso do Goberno galego para garantir o envellecemento activo e saudable das persoas maiores, contribuíndo ao seu benestar e a evitar situacións de dependencia ou soidade non desexada.

As solicitudes deberán presentarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. De maneira opcional, poderanse presentar en calquera rexistro oficial da Xunta, ou rexistro administrativo ou oficina de correos presentando o impreso de solicitude que se pode descargar na sede electrónica da Xunta o una web: politicasocial.xunta.gal.

Belén do Campo destacou o éxito e os múltiples beneficios deste programa,  unha iniciativa dirixida a fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores da comunidade autónoma. Esta actividade conta cunha ampla acollida ano tras ano.

As persoas interesadas poden consultar toda a información sobre prazos, requisitos e centros participantes a través da web oficial da Xunta de Galicia.

14 de xullo de 2025 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.