Publicadas a relación definitiva das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal do Servizo Galego de Saúde
Resultaron admitidos neste procedemento 22.470 aspirantes. Correspóndense ás categorías de celador, técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, en dietética, en documentación sanitaria, en hixiene bucodental, en imaxe para o diagnóstico, en laboratorio de diagnóstico clínico e en radioterapia.
Entrarán en vigor a efectos de chamamentos o día 5 de agosto de 2025.
O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polos aspirantes admitidos no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías.
O total de aspirantes admitidos por categorías foi de 12.554 na categoría de celador, 304 de celador (quenda discapacidade intelectual), 2.114 en técnico en farmacia, 828 en técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, 496 en técnico superior en dietética, 415 en técnico superior en documentación sanitaria, 673 en técnico superior en hixiene bucodental, 2.067 en técnico superior en imaxe para o diagnóstico, 2.690 en técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico e 329 técnico superior en radioterapia.
As listas atópanse publicadas e á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Entrarán en vigor a efectos de chamamentos o día 5 de agosto de 2025
Próximas publicacións
Proximamente publicaranse as listas definitivas das categorías de grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais, cociñeiro e pinche.











