Nova edición do programa “Tech Kids” para impulsar o talento dixital da rapazada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaXuventude
A-
A+

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), pon en marcha este mércores unha nova edición do programa “Tech Kids” para impulsar o talento dixital da rapazada e fomentar a colaboración interxeracional

Baixo o lema Argallando entre xeracións  rapazas e rapaces de 12 a 18 anos poden poñer en práctica o seu talento dixital e a súa capacidade de resolución de problemas, ao tempo que desenvolven competencias persoais nunha contorna colaborativa con persoas de diferentes xeracións.

As actividades comezan o 16 de xullo na aula CeMIT de Valga e desenvolveranse ata o mes de setembro con sesións formativas de carácter práctico e presencial nas aulas CeMIT de diversos concellos de toda Galicia e unha no Centro Gaiás Tech da Cidade da Cultura. As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través da páxina web  da Rede CeMIT.

Contido do Programa

En total, impartiranse 11 cursos estruturados en tres sesións formativas, de 2,5 horas cada unha, orientadas ao deseño e fabricación 3D, robótica educativa con MicroBit, programación de videoxogos, experimentos con condutividade electrónica,  programación e drons, empregando o equipamento do que dispoñen as aulas CeMIT

A partir desta aprendizaxe sentaranse as bases para poder deseñar e desenvolver voluntariamente un reto científico-tecnolóxico en equipo, integrado por persoas de diferentes xeracións. Para máis información pode visitarse a páxina web do reto.

14 de xullo de 2025 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.