Medio Rural e Lugomadera colaboran para impulsar o sector forestal galego
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo este mediodía unha xuntanza con representantes da asociación Lugomadera, entre os que estaba a súa presidenta, María del Carmen Gayoso. O encontro, que se desenvolveu na sede da Delegación Territorial da Xunta en Lugo, xirou arredor do traballo conxunto a prol do impulso ao sector forestal galego.
A Consellería e esta entidade veñen mantendo diferentes reunións para reforzar a súa colaboración en materia de fomento, planificación e ordenación do monte na provincia de Lugo en particular e no conxunto de Galicia en xeral.











