Máis de 1,5 M€ para a aplicación Sergas Móbil
O obxectivo da Consellería de Sanidade é facilitar servizos dixitais de transparencia e autoxestión á cidadanía.
A aplicación do Servizo Galego de Saúde conta con máis de 2 millóns de usuarios.
As empresas interesadas teñen ata o 28 de agosto para presentar as súas ofertas.
A Xunta publica hoxe no Portal de Contratos de Galicia a licitación, por valor de 1.517.824 euros, a contratación de servizos de soporte, mantemento e evolución dos servizos de relación dixital coa cidadanía nas canles app (Sergas Móbil), web (sergas.gal/e-tramites) e nos puntos de información dixitais que se atopan nos hospitais e centros de saúde.
Este contrato comprende os servizos de soporte técnico e xestión de incidencias, a xestión de proxectos e os servizos de mantemento correctivo e evolutivo sobre las aplicacións/servizos de relación dixital coa cidadanía. Desta forma, a Consellería de Sanidade facilita servizos dixitais de transparencia e autoxestión á cidadanía.
A aplicación Sergas Móbil permite, entre outras funcións, a xestión de citas, o acceso á tarxeta sanitaria virtual, a consulta de resultados de probas e a realización de videoconsultas. Actualmente, esta ferramenta conta con máis de 2 millóns de usuarios.
Este proxecto está financiado pola Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O prazo máximo de execución do contrato e as súas prórrogas será de 51 meses. O prazo de garantía será de 15 meses desde a finalización do contrato.
As empresas interesadas teñen ata o 28 de agosto para presentar as súas ofertas.











