A Festa do Percebe de Aguiño chega á XXVI edición
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na XVI Festa do Percebe de Aguiño, declarada en 2022 pola Xunta de Galicia de Interese Turístico de Galicia, e coa que, unha edición máis, colabora a Consellería do Mar. A responsable autonómica destacou que este tipo de iniciativas gastronómicas, na que tamén participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, teñen unha repercusión positiva tanto para a economía local, como para o propio sector, pois son un extraordinario escaparate para dar a coñecer a calidade dos produtos da rías galegas, ao tempo que poñen en valor o traballo dos profesionais da pesca.
No primeiro semestre de 2025 a cantidade total e o prezo medio do percebe vendido en lonxa, con respecto ao mesmo período de 2024, subiu un 0,62 % e un 4,95 %, respectivamente. Así, a rula de Aguiño situouse o pasado ano como cuarta co maior volume de actividade, dispensado 19.655 quilos que acadaron un valor de 919.215 euros. Nos seis primeiros meses do presente exercicio, na lonxa do Barbanza poxáronse 3.751 quilos por valor de 130.808 euros.











