Medio Rural avanza con proxecto Home Galicia en materia de formación agraria e silvícola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo secretario xeral técnico da Consellería, Jorge Atán, mantivo este mediodía unha reunión co presidente do padroado da Fundación Monte do Gozo, Ramón Gómez Crespo, e coa directora-presidenta de Proxecto Home Galicia, Ofelia Debén.

Na xuntanza avaliouse a colaboración mantida ata o de agora e as posibles vías de cooperación futura entre ambas partes en relación coa formación laboral de persoas integrantes da comunidade terapéutica de Proxecto Home a través da actividade agraria e a silvicultura. Así, a Consellería, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e a dita Fundación veñen desenvolvendo actividades formativas en eidos como a horticultura, fruticultura, cultivos intensivos baixo abrigo, instalacións para cultivo de horta, técnicas de rega, fertilización en invernadoiros e compostaxe.

19 de maio de 2025 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.