Sanidade sinala que o actual modelo concesional permite contar con televisores actualizados nos hospitais galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

A secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, sinalou esta tarde no marco da Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego que o actual modelo de concesión permite dispoñer dos servizos de televisión actualizados nos hospitais públicos galegos.

Segundo explicou a responsable de Sanidade, as empresas adxudicatarias encárganse do mantemento íntegro destes dispositivos electrónicos e garanten que os usuarios poidan dispor das últimas novidades do ámbito tecnolóxico.

Natalia Lobato apuntou que o conxunto das sete áreas sanitarias galegas contan na actualidade con contratos en vigor no referido á explotación de televisión, telefonía e outros servizos de carácter multimedia.

Estes contratos, semellantes entre si, posibilitan que zonas comúns dos hospitais públicos galegos e algunhas das súas unidades especializadas conten con TV gratuíta e, tamén, que os profesionais poidan acceder nos dispositivos instalados ás aplicacións corporativas como un instrumento complementario máis para unha acadar unha prestación asistencial máis eficaz.

20 de febreiro de 2025 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.