Medio Rural convoca probas físicas e visuais para persoal do servizo contra incendios forestais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se convoca aos aspirantes que deberán realizar as probas físicas e visuais dos integrantes das listas de determinadas categorías do Servizo de prevención contra incendios forestais (SPIF).

As probas físicas terán lugar no Estadio Municipal Vero Boquete de Santiago de Compostela os próximos días 6 e 7 de marzo. Tal e como se explica no DOG, o xoves 6 de marzo están convocados de Abad Santome, Mónica a Leiro Leiro, Jaime; e o venres 7 de Lence Cascudo, Noelia a Zarra Corral, Jose Manuel.

A proba física, coñecida como Field Test, consiste en camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas nun tempo máximo de 30 minutos. Esta proba deberá ser realizada polos integrantes das listas das seguintes categorías profesionais: técnico/a superior de defensa contra incendios forestais; técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais; bombeiro/a forestal xefe/a de brigada; bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba; bombeiro/a forestal condutor e bombeiro/a forestal.

A realización da proba visual terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o vindeiro día 10 de marzo, luns. Está dirixida aos integrantes das listas de vixilante fixo/a e consiste en examinar a agudeza visual lonxana en ambos os dous ollos, así como a visión cromática, realizada cun aparato para control da visión tipo Visiotest ou equivalente.

28 de febreiro de 2025 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.