Lorenzana avoga por conciliar descarbonización, industrialización e consenso social para avanzar na sustentabilidade empresarial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvincias
A-
A+

Encontro empresarial organizado pola CEG

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avogou hoxe pola necesidade de conciliar o trinomio que conforman a descarbonización, a industrialización e o consenso social para avanzar na sustentabilidade empresarial.

Lorenzana, acompañada polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, José González, asistiu ao encontro empresarial organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) onde insistiu en que é “preciso descarbonizar sen perder as oportunidades industriais e acadando un acordo social”.

Nesta liña, a conselleira puxo en valor a Lei de Promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, baseada, segundo explicou, “na nosa preocupación por lograr a sustentabilidade social e aproveitar os nosos recursos naturais como elemento tractor da nosa economía” apuntou.

O obxectivo desta norma é o de asegurar a xestión responsable dos recursos naturais de maneira que se protexa o medio ambiente, xere riqueza e que esta riqueza xerada impacte no territorio. “Está inspirada na nosa experiencia en Galicia e no noso modelo económico, enerxético, empresarial e social”, subliñou.

Por outra banda, a titular de Economía e Industria, destacou que a Comunidade galega está neste momento nun ciclo económico cheo de oportunidades. Así, explicou que “contamos cun tecido empresarial excelente maioritariamente familiar e sólido, o noso emprego industrial continúa crecendo e estamos ante o mellor ciclo de comercio exterior da nosa historia con mais de 31.000 millóns de euros de exportacións”, dixo.

Finalmente, destacou que Galicia ten que ser a protagonista activa e non unha mera espectadora na “revolución industrial que o noso mundo está experimentando e para iso o Goberno galego está destinando todo os seus esforzos”.

25 de febreiro de 2025 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.