A Xunta pon en valor o programa de atención e asesoramento ás mulleres rural en situación de especial vulnerabilidade da asociación Integro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, coñeceu esta mañá o funcionamento do Punto de Intervención á muller con diversidade funcional no rural (PIMD) e destacou a importancia desta iniciativa, impulsada pola asociación Integro, para o asesoramento e atención ás mulleres do rural en situación de especial vulnerabilidades, en especial con discapacidade, que residen en contornas rurais.

María Quintiana fixo fincapé no papel que desenvolve esta iniciativa para sensibilizar sobre igualdade de xénero nas zonas rurais e cunha especial atención ás mulleres con discapacidade. Así, puxo en valor a colaboración do Executivo galego para o funcionamento e consolidación desta iniciativa e que se materializa cunha achega desde hai case unha década de preto de 250.000 euros, enmarcada dentro da convocatoria de axudas a entidades sociais para a posta en marcha de programas para a atención de mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Así mesmo, Quintiana fixo fincapé en que este proxecto supón unha importante rede de apoio para as mulleres da contorna, cunha participación moi elevada de mulleres con discapacidade que supoñen o 70% das usuarias que acoden a este recurso. Ao respecto, sinalou este punto de intervención logrou unha mellora significativa nas habilidades sociais das usuarias e fomentando a súa autoestimas.

Nesta liña, a directora xeral indicou que recursos coma estes son imprescindibles para previr a violencia de xénero en todos os recunchos da comunidade e facer de Galicia un referente na igualdade e no botrato. Ao respecto, Quintiana agradeceu á asociación Integro todo o traballo que levan desenvolto desde hai máis de 30 anos na promoción da igualdade entre mulleres e homes e que en 2022 a levou a ser destinguida coa Medalla Emilia Pardo Bazán.

25 de febreiro de 2025 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.