A Xunta destaca a colaboración coas empresas para detectar e previr situacións de violencia de xénero na contorna laboral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou esta mañá no encontro Os beneficios da igualdade na empresa que se celebrou esta mañá en Vigo. Durante o acto, destacou a importancia da colaboración entre o tecido produtivo e a Administración autonómica para detectar e previr situación de violencia de xénero na contorna laboral.

Durante a xornada, o director xeral destacou que o Executivo galego elaborou unha guía de indicios para a detección de vítimas de violencia de xénero para a empresa. O obxectivo deste documento é apoiar ao tecido produtivo e ao persoal para identificar as diferentes tipoloxías do machismo e erradicar a violencia contra as mulleres.

Roberto Barba explicou que a guía dá resposta á Directiva comunitaria que recolle que as persoas con funcións de supervisión no lugar de traballo, tanto no sector público como no privado, deben recibir formación sobre os efectos da violencia contra as mulleres e a violencia doméstica no traballo e sobre o risco de violencia exercida por terceiros.

Así mesmo, o director xeral destacou que se trata “dun instrumento de vital importancia para poder detectar de forma temperá e precoz a existencia de posibles malos tratos” e explicou que é no ámbito laboral onde as mulleres pasan máis tempo e alí poden verse indicios de que as súas parellas as maltratan.

27 de febreiro de 2025 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.