A Xunta outorga as axudas para que as confederacións e federacións de anpas e as anpas de Educación Especial financien as súas actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

A Xunta concedeu este ano axudas para financiar actividades de 26 entidades, entre confederacións e federacións de asociacións de nais e pais do alumnado e anpas de centros de Educación Especial.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional habilitou este ano unha partida de 66.298€ –un 10% máis ca o ano pasado– co obxectivo a contribuír ao funcionamento destas asociacións. As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades, como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período. A subvención é compatible con outras axudas outorgadas por outra administración pública ou entes públicos ou privadas, nacionais ou internacionais.

7 de agosto de 2024 | 15:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.