A Deputación da Coruña financia con 80.000 euros as obras de mellora na piscina de Noia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNoia
A-
A+

O Pleno da Deputación da Coruña aprobou na última sesión a sinatura dun convenio co Concello de Noia polo que se financiarán obras de mellora na piscina situada na rúa Antón Avilés de Taramamos. A achega provincial será de 80.000 euros, o que supón o 80% do orzamento total necesario para levar a cabo a actuación que se sitúa nos 100.000 euros.

En concreto instalarase un spa no espazo libre próximo ao vaso da piscina e que terá plena accesibilidade para persoas con mobilidade reducida. Ademais,  ampliarase o equipamento do ximnasio, dotándoo de novas bicicletas verticais, elípticas e cintas para correr.

Por outra banda, o proxecto tamén inclúe a mellora da salubridade do soto, coa instalación dunha estación de bombeo de seguridade, un sifón e unhas válvulas antirretorno para evitar as continuas filtracións de auga que padece dende a rede de saneamento exterior. Por último, procederase á substitución dos  vidros en mal estado das fachas do edificio.

9 de agosto de 2014 | 15:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.