O avó de Pazos de Borbén cumpre 100 anos

Aniversario de Faustino Freaza
Faustino Freaza Mouriño naceu na parroquia de Nespereira, en Pazos de Borbén. Con 13 anos, como tantos e tantos galegos, deixou a súa terra coa amargura do emigrante que se pregunta se algún día poderá volver a casa. Un soño que tardou máis de medio século anos en cumprir. Aos seus cen anos, Faustino presume dunha filla, 3 netos, 3 bisnietos e a calor e agradecemento dos seus veciños que onte se reuniron para celebrar o seu aniversario.
O mundo no que naceu Faustino axitábase cos comezos da 1ª Guerra Mundial, unha época convulsa “na que non tingamos nada”, afirma Faustino. Como tantos e tantos miles de galegos,con soamente 13 anos, viuse obrigado a emprender o camiño da emigración. Un camiño que lle levou a Portugal, máis concretamente a traballar no Hotel Palace de Lisboa. “Un dos máis luxosos de Europa naquela época”, comenta a súa filla Pura. Alí, Faustino descubriu un mundo novo, percorría os corredores do hotel entre o luxo máis ostentoso e personalidades de todo tipo. “Até ao rei Alfonso XIII pasou por alí”, lembra Faustino cunha memoria privilexiada.
Pero, nin o tempo nin a distancia facían que Faustino esquecese a súa casa. Volvía para as festas, ou cando podía. En Nespereira coñeceu a “Pura”, a súa muller, que sempre lle acompañou na súa estancia en Portugal, e no soño de volver a casa. Froito da súa unión chegou a súa filla, Purificación, do mesmo xeito que a súa nai e tamén veciña de Nespereira na actualidade.
Como bo veciño, Faustino aproveitaba calquera ocasión para tentar mellorar a vida en Nespereira, por moi lonxe que estivese. Onte, mentres o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, lembraba algúns dos logros conseguidos por Faustino para o pobo, non eran poucas as voces que se levantaban entre o público dicindo “Iso é verdade, debémosllo a el”. Faustino, grazas ao seu traballo no hotel lisboeta, coñeceu a grandes personalidades do ámbito político e empresarial. Contactos que lle serviron para facer posible a chegada da enerxía eléctrica a Nespereira. Unha vez retirado, e de volta á súa casa, tamén colaborou para constituír a Comunidade de Montes de Nespereira. “Axudou a moita xente, abrigo na postguerra que había moita fame”, lembra a súa filla Pura.
Onte o centenario avó de Pazos, reencontrouse con moitos deses veciños. Acompañado por unha banda de gaiteiros e algúns amigos de Faustino, o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, acompañouno até a Casa da Cultura de Nespereira onde máis de cen veciños esperábanos para renderlle homenaxe. “Todos os veciños de Nespereira felicitámosche polo teu 100 aniversario” líase na enorme torta que presidía a mesa. Un dos tantos agasallos que Faustino recibiu esa tarde. Unha placa de recordo, un reloxo, varios libros… pero sobre todo, moito agarimo.
Durante a celebración, o centenario non perdeu ocasión de mostrar o seu bo estado de saúde e rapidez mental cando, tras os primeiros agradecementos pola súa presenza interrompeu, “Máis contento estou eu de estar aquí que nunca pensei que me quixese tanta xente”. Palabras que espertaron un dos moitos aplausos que os seus veciños lle dedicaron. Momentos máis tarde, o avó de Pazos tivo a ocasión de coñecer ao máis recente dos seus veciños, Teo, dun mes e un día de idade. Un encontro entre xeracións que se repetirá durante moito tempo, xa que os dous veciños de maior e menos edaddel municipio viven diante o un do outro. “Seguro que Teo aprenderá moito de Faustino, ten aínda moito que ensinarnos a todos”, comentou o pai de Teo.












Muita Saúde ao meu amigo Faustino, com quem trabalhei vários anos. Um grande abraço e felicidades.
Já agora aproveito para informar que trabalhou no Hotel Avenida Palace em Lisboa desde 1933 até 1980.