A Ría de Aldán converteuse no primeiro líder da XV Liga Galega de kaiak de mar Copa Sipre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNoia
A-
A+

A Ría de Aldán converteuse no primeiro líder da XV Liga Galega de kaiak de mar Copa Sipre despois de disputarse a primeira proba en Noia. Foi a inauguración dunha tempada que constará de sete regatas en total e que contará co aliciente de que se premiará ao mellor club, mellor regata e tamén mellor padeeiro masculino e feminino.

Noia foi o escenario onde se iniciou unha competición que contou cunha ampla presenza de padeeiras, tanto federados como de público en xeral. A Ría de Aldán foi o que ocupou a primeira posición, seguido polo Piragüismo Cambados e As Torres Romaría Viquinga.

A proba tamén serviu para establecer as primeiras clasificacións individuais. Jessica Moledo, en K-1, da Ría de Aldán, e María Pérez, en K-2 mixto, do mesmo club, son as líderes na clasificación como mellor padeeira feminina. Serafín Canosa, en K-1, da Ría de Aldán, é o primeiro na categoría masculina.

A primeira regata da tempada tamén desvelou os criterios que se seguirán para establecer o mellor club da campaña, a mellor regata e os mellores padeeiros masculinos e femininos. Co patrocinio de Sipre, repartiranse os premios ao final do sete probas que se van a disputar. A primeira foi en Noia e despois disputaranse en Cambados, Rianxo, Vilagarcía, Vigo e Cabanas, lugar onde se celebrará tamén o Campionato Galego.

A inclusión da categoría popular tamén supón outro aliciente, xa que o obxectivo é a promoción e difusión desta modalidade entre os afeccionados.

3 de marzo de 2014 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.