Os empresarios de Ferrolterra organizan unha xornada de “Programación Neurolingüística”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Asociación de Empresarios Ferrolterra organiza unha Xornada de Programación Neurolingüística. A xornada, gratuíta, celebrarase o 22 de xaneiro a partir das 17:00 horas, na A.E.F. A Programación Neurolingüística é un modelo de comunicación, aprendizaxe e cambio que achega a persoas e organizacións ferramentas prácticas e altamente efectivas para que alcancen os obxectivos que se propoñan. Os seus campos de aplicación son tan amplos como o son os das relacións interpersoais (educación, psicoloxía, vendas, negociación, liderado, xerencia…) facilitando o alcance de estados de excelencia persoal, a comprensión dos procesos mentais, a flexibilidade do comportamento e o pensamento estratéxico. Os obxectivos son: Alcanzar a excelencia persoal; detectar as estratexias para conseguir noso éxito persoal e volver repetilas cando as necesite; producir cambios na súa forma de ser, facer e sentir; conseguir e manter os obxectivos propostos, tanto propios como das persoas coas que traballe e optimizar a comunicación e as relacións interpersoais. Para asistir é necesaria inscrición previa no 981 333 305, máis información na web da AEF: www.empresarios-ferrolterra.org

17 de xaneiro de 2014 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.