publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sanidade destina no presente ano 555.000 euros na provincia de Ourense a complementar os dispositivos de saúde mental en áreas específicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse hoxe pola mañá con representantes da Asociación As Burgas para o Tratamento do Enfermo alcohólico e visitou as instalacións da entidade. Ademais, o titular da carteira sanitaria tamén mantivo outra xuntanza con representantes da Unidade de Condutas Aditivas de Ourense e, igualmente, visitou as súas dependencias.

A Consellería de Sanidade ten convenios dende hai anos con distintas asociacións e concellos dedicadas ao tratamento do alcoholismo e outros trastornos adictivos. Tan só en 2019, Sanidade vai destinar máis de 555.000 euros para a provincia de Ourense, coa fin de complementar os dispositivos de saúde mental en areas específicas. O obxectivo é dar unha resposta máis completa ás necesidades asistenciais e, máis concretamente, a aquelas relacionadas co alcol, xogo e outros trastornos aditivos, con ou sen substancia.

A Unidade de Tratamento da Asociación As Burgas é un dispositivo concertado co Sergas, estando integrado funcionalmente coa Unidade de Condutas Aditivas, e xestionando programas de motivación, de desintoxicación, de deshabituación, e de intervención psicosocial, entre outras actividades. No 2018, atendeu un total de 2.199 pacientes. Neste ano, a asociación recibe 152.957 euros grazas ao seu convenio coa Consellería de Sanidade.

Almuiña tamén se reuniu con representantes da Unidade Asistencial de Condutas Aditivas, servizo orientado á información e tratamento de drogodependencias, formado por un equipo multidisciplinar destinado a abordar as diferentes áreas implicadas na problemática das drogodependencias, a psicolóxica, física, educativa e social. Esta unidade, xestionada polo Concello de Ourense, coordínase coa Xunta de Galicia acolléndose aos plans de tratamento e sistema de avaliación implantados pola Consellería de Sanidade. No pasado 2018 recibiu do Goberno galego unha subvención de 402.877 euros.

Nas reunións de hoxe, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego pola xefa territorial de Sanidade, Laura López; polo xerente de Xestión Integrada, Félix Rubial; e pola xefa de servizo de Asistencia ás Drogodependencias do Sergas, María Tajes.

17 de xullo de 2019 | 14:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.