publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Francisco Conde apela á colaboración entre administracións, universidades, centros tecnolóxicos e empresas para avanzar no desenvolvemento dos materiais compostos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaVigo
A-
A+

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apelou hoxe en Vigo, no XIII Congreso Nacional de Materiais Compostos, á colaboración entre administracións, universidades, centros tecnolóxicos e empresas para avanzar xuntos no desenvolvemento dos materiais compostos.

Conde destacou neste foro científico, técnico e empresarial, no que se dan cita máis de 350 profesionais de diversos campos da investigación e da industria, as vantaxes dos materiais compostos para facer unha industria cada vez máis competitiva. Ao respecto, sinalou a importancia de apostar por procesos e produtos eficientes, que teñan no seu ADN a sustentabilidade.

O titular de Economía indicou que apostar por pezas desenvoltas con materiais compostos, que ofrecen produtos de menor peso e con propiedades mecánicas máis elevadas, é sinónimo de innovación, progreso e eficiencia. Por iso, avogou por seguir avanzando na investigación deste tipo de materiais para que o tecido produtivo gañe en presenza e fortaleza.

O conselleiro explicou que a Xunta, entre outras, está promovendo dúas aceleradoras nos sectores da automoción (Business Factory Auto) e da aeronáutica (Business Factory Aero) nas que se están desenvolvendo proxectos vinculados aos materiais compostos. Conde, ademais, referiuse ao sector forestal como un eido cun abano de oportunidades no ámbito da innovación. Neste intre, puxo en valor o uso da madeira local en novas construcións e en rehabilitacións e resaltou a importancia de deseñar alternativas máis respectuosas co medio ambiente a través de materiais, como os compostos, que ofrecen grandes prestacións.

Para rematar, incidiu na necesidade de apostar pola colaboración público-privada e na importancia de transferir o coñecemento ao tecido empresarial como clave para estimular a innovación.

No eido do deseño e a innovación, a Xunta vén de poñer en marcha en Ferrol a materioteca, un espazo de difusión de materiais innovadores no que se ofrecen servizos especializados para facilitar á industria o uso de novos materiais.

3 de xullo de 2019 | 12:34 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario