publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta achegou 460.000 euros ao concello de Monforte de Lemos desde o ano 2009 para programas de apoio e promoción da igualdade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonforte de Lemos
A-
A+

A Secretaría Xeral da Igualdade achegou, desde o ano 2009, máis de 460.000 euros para financiar distintas accións e programas de apoio en materia de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, prevención da violencia de xénero e mantemento do CIM.

Así o explicou esta mañá a Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, en resposta a unha pregunta formulada a este respecto na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia.

O groso destas axudas tivo por obxecto financiar o programa de apoio ao centro de información ás mulleres (CIM) que xestiona o Concello de Monforte de Lemos en solicitude agrupada xunto aos municipios de Bóveda, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao e Sober.

Tamén explicou que desde o ano 2015 o Concello de Monforte de Lemos non solicita subvención para o programa de fomento da conciliación, nin para o programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. Estes dous programas forman parte da convocatoria conxunta que cada ano pon en marcha a Secretaría Xeral da Igualdade.

Funcionamento do CIM de Monforte

López Abella tamén avanzou que o Centro de Información á Muller de Monforte de Lemos acreditouse o 17 de marzo de 2005 e que actualmente traballan nel unha Directora e Asesora Xurídica, unha asesora psicoloxica, e unha axente de Igualdade.

Durante o ano 2017 o CIM recibiu 1.571 consultas e atendeu a 173 mulleres. Neste primeiro semestre de 2018, o CIM de Monforte recibiu 804 consultas e atendeu a 140 mulleres.

A importancia do ámbito municipal

O ámbito municipal é recoñecido como o idóneo para o desenvolvemento de accións tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes pola súa proximidade á cidadanía e polo coñecemento da situación específica da súa poboación. De aí a importancia de contar cos concellos galegos para impulsar estas iniciativas e, en particular as dirixidas á prevención e a erradicación da violencia de xénero, así como para o establecemento das condicións que posibiliten a participación das mulleres na vida política, económica, cultural e social.

5 de setembro de 2018 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.