publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e Concello de Melón reforzan a súa colaboración a prol do desenvolvemento rural e a loita contra os incendios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelónOurense
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e o Concello de Melón reforzarán a súa colaboración en materia de fomento das reestruturacións parcelarias no territorio municipal, así como para a loita contra o problema dos incendios forestais. Así o acordaron a conselleira Ángeles Vázquez e a alcaldesa, Mª Cristina Francisco, nunha recente xuntanza de traballo celebrada en San Caetano.

A titular de Medio Rural comprometeuse a estudar as demandas e suxestións da rexedora en relación con estes e outros asuntos, a prol da mellora da calidade de vida dos veciños e, de maneira xeral, a favor do desenvolvemento do agro neste municipio ourensán.

Así, acordaron impulsar os procesos de reestruturación en marcha, caso dos de Penavaqueira e Quins, este último máis avanzado, xa que se atopa en fase de acordo. Ao tempo, avaliaron os esforzos conxuntos na loita contra os lumes, tanto no que atinxe ás infraestruturas de defensa (especialmente a dotación de puntos de auga) como no que se refire aos tratamentos e demais traballos preventivos. Neste último aspecto, a conselleira lembrou que Melón recibiu axudas de Medio Rural por un importe total de case 138.000 euros nos dous últimos anos, a razón de preto de 60.000 no 2016 e doutros 78.000 no exercicio de 2017.

2 de abril de 2018 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.