publicidade hoxe

Francisco Conde sinala aos obradoiros como unha porta ao emprego e avoga pola colaboración para impulsar o crecemento de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Francisco Conde na entrega de diplomas

Francisco Conde na entrega de diplomas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe na cidade viguesa na clausura dos obradoiros de emprego Formaweb e MAIV (Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo) Garantía Xuvenil 2017, que estes programas son unha porta ao emprego cos que se contribúe a que os mozos e mozas menores de 30 anos accedan a un traballo ao recibir unha cualificación axustada aos perfís profesionais que está requirindo o tecido empresarial galega.

A través de Formaweb e MAIV, os 30 alumnos e alumnas que hoxe recibiron un certificado de profesionalidade, con validez en todo o Estado, formáronse en materias vinculadas ás novas tecnolóxicas (no manexo de novas ferramentas informáticas, aprendizaxe de estratexias de marketing por internet e creación e xestión de páxinas web). En palabras de Conde, cualificáronse no emprego que vén, lembrando que actualmente a sociedade vive nun mundo global e conectado, na era da dixitalización na que a tecnoloxía está a cambialo todo. Por iso, recordou que a formación é máis importante que nunca, un ámbito prioritario para a Administración autonómica.

Así, a Xunta, a través dos obradoiros de emprego, que financia a Consellería de Economía, Emprego e Industria, co apoio da Administración local, está a formar a 1600 galegos e galegas a través de 83 obradoiros cun investimento de 20 millóns de euros.

No ámbito da cualificación, o Goberno galego, ademais, impulsa en Vigo a formación no naval con 50 cursos para 800 profesionais do sector. Así mesmo, está a desenvolver as Unidades Formativas na Empresa, tanto para traballadores, como para persoas desempregadas, na que os alumnos e alumnas se forman nas propias compañías.

Conde, ademais, puxo en valor a importancia da colaboración coas empresas e concellos para impulsar en Galicia o emprego estable e de calidade e o crecemento económico na Comunidade. O titular de Economía apuntou, ao respecto, que é unha responsabilidade da Xunta e os concellos atender ás demandas dos traballadores e das empresas. Neste senso, lembrou que os Concellos Emprendedores comparten coa Xunta a necesidade de apoiar a actividade empresarial con máis axilidade administrativa e bonificacións fiscais.

Os Concellos Emprendedores terán prioridade en diversas liñas de axudas da Administración autonómica entre as que se atopan os apoios para os obradoiros de emprego. Esta figura forma parte da Lei de implantación empresarial que, segundo Conde, “é unha oportunidade para seguir afondando na colaboración existente entre a Xunta e os Concellos e estendela a outros eidos”.

2 de abril de 2018 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.