publicidade hoxe

Díaz Mouteira participa no río Barbantiño no acto con escolares do CEIP Virxe de Covadonga para conmemorar o Día Mundial da Auga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou este mediodía na actividade organizada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) para conmemorar o Día Mundial da Auga, que se desenvolveu no río Barbantiño, ao seu paso polo concello de Punxín, con escolares do CEIP Virxe de Covadonga da capital.

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil escolleu este escenario para a celebración desta data porque nel se está a desenvolver o proxecto Me gusta mi río, enséñame a cuidarlo, no que participan escolares de 10 a 12 anos do CEIP Virxe de Covadonga co obxectivo de potenciar o valor ambiental dos ríos da conca e concienciar, desde a infancia, sobre a importancia da protección e conservación dos ecosistemas fluviais. Trátase dun proxecto piloto no que tamén están implicados alumnos de centros educativos de Lugo e Ponferrada.

Díaz Mouteira subliñou a importancia deste tipo de actividades “para concienciar aos máis pequenos da importancia da auga e do seu uso responsable, xa que é un recurso limitado e cada vez máis valioso”. Ademais, a delegada territorial lembrou o lema elixido este ano para conmemorar esta efeméride “A resposta está na natureza” e fixo un chamamento para que os escolares comprendan que a agua e a súa calidade depende da preservación dos ecosistemas.

O acto contou tamén coa presenza do delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e do presidente de la CHMS, Francisco Marín.

22 de marzo de 2018 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.